miércoles, 26 de marzo de 2008

MERCEDES PEÓN

Mercedes Peón é un xenio da música moderna folk Galega, ten un estilo moi particular, un xeito de facer e unha personalidade que destacan sobre o escenario.

Mercedess foi profesora de música, canta, compón, toca a gaita, a pandereita, o clarinete. Durante anos dedicouse a percorrer Galicia escoitando polos pobos á xente as súas cancións populares.

A súa música é unha profunda mestizaxe no que se identifican desde ritmos árabes e portugueses todo o máis tradicional celta.egada do século XXI Mercedes Peón deu un paso adiante coa edición de Isué, o seu primeiro disco como compositora, música e cantante que entusiasmou a crítica e público. Con este traballo discográfico conseguiu ser mellor artista de Europa 2001 pola BBC, mellor artista por Folkworld e mellor artista pola World Chart Europe. Con Isué Mercedes Peón percorreu así mesmo as citas musicais máis prestixiosas de World Music e levou a súa música a Bélxica, Francia, Eslovenia, Reino Unido, Portugal, etc.

O seu segundo traballo, Ajrú, é un compendio de ritmos frenéticos e melodías íntimas onde a voz de Mercedes Peón se converte no berro da música galega do século XXI. Tribal e moderno. Libre e escrito en feminino, tal como asegura a cantante. Ajrú é un berro de ledicia vencellado ás festas populares tan habituais en Galiza e tamén é o berro particular de Mercedes Peón, co que reivindica a diferenza e a personalidade dos seus temas.

Sihá, o novo traballo de Mercedes Peón, saíu ao mercado no ano 2007ulo cheo de forza, dinamismo e sentimento.


ENTREVISTA A MERCEDES PEÓN

-Moitos dos temas do disco recollíchelos en pobos de Galicia, que che achegaron estas viaxes?
-É a miña vida. Estas viaxes achegáronme todo: amar a tradición, respectar os costumes, autoestima da miña cultura, unha base vocal. Fundamentalmente o que eu facía era performance, que é imitar, tal cal, o que recolles. Pero me atopaba con dificultades de execución, porque non podes cantar catro horas seguidas porque che quedas sen voz. Entón empecei a estudar técnicas de logopedia, foniatría e respiración abdominal. Eu son moi autodidacta, fun un mes a clase e logo fixen recompilación porque quería adaptar todas as técnicas a favor deses sons que quería transmitir. A nivel musical busquei ritmos e melodías poderosas. Quedei prendada de toda a xente do pobo, desa cultura de transmisión oral e visual. Logo está o cincuenta por cento do meu parte, do meu corazoncito, das miñas composicións e os meus arranxos.

-O título do disco e do primeiro tema é Isué, que significa?
-Isué é "iso é". En galego escríbese separado pero hai zonas onde o pronuncian doutra forma. O que fixen é coller a parte máis enxebre de certas zonas e busquei unha estética. O máis ancestral cunha forma que poida ser de creación miña e o resultado é esta palabra.

-Canta paixón hai encerrada neste traballo?
-Hai moita. É un traballo libre. Os folclores gardan moita esencia. É saber gozar e impregnarche das ornamentacións, as modulaciones, da pandereita. No disco a pandereita está moi presente. É unha técnica depurada da terra, que eu utilizo para calquera ritmo. Váleme para todo. "A nivel musical busquei ritmos e melodías poderosas. Quedei prendada de toda a xente do pobo, desa cultura de transmisión oral e visual" De súpeto, un xiro. "Non oíches uns timbres agudos na canción que dá nome ao disco?", pregunta Mercés. Resposta afirmativa. "Pois iso, son os sachos, as aixadas, tocadas con pedras. E logo hai unha tixola xigante, destas das lareiras, que se tocaba coa chave da casa. Despois metín a lata de pemento. Esta lata era onde, na posguerra, traían pemento para España. Pero aquí, nunha zona onde tocaban os pandeiros cadrados, adoptárono para tocalo exactamente igual". Pon a alma en cada explicación. As ideas apíñanselle na cabeza e saen a borbotón. "O que che quero explicar é que é un traballo completamente libre dunha acode artista, cantante. É o traballo dunha creadora que conxuga todos os elementos que a ela lle pon os pelos de punta". Despois do xiro seguimos rumbo.

-O disco está cheo de mestizaxe.
-Non é con intención, é libre. É un gusto persoal porque me gusta a mestura de culturas. Na mestura é onde hai riqueza. No coñecemento das esencias é onde che recoñeces a ti mesmo e pódesche expresar co mundo para mesturarche.

-Por que tanto colorido no disco?
-Igual que escoitas o CD, ou polo menos esa foi a intención, e cada canción ten por si soa coherencia propia, quixen que tivese tamén un guión de cores. É que non podo falar dun guión de palabras porque tamén o ten, pero é máis que nada un guión colorístico de cancións que entran e saen. A portada é unha ferreña, que é a sonaja da pandereita, pero pode ser un ollo. É como o nome do disco: Isué pode ser irlandés, alxerino, ata ruso. Tes o laranxa, o cal é unha cor cálida e rechamante. No centro a ferreña que é a unión, o punto de partida e o circular. Logo abres o libreto e hai unha frase moi bonita para quen queira entendela, e os agradecementos alén. Volves abrir e ves outra explosión de luz que é o CD. A outra portada son pétalos de flores que estaban vivos e os escaneamos. A man representa os Camiños de Santiago. Os tres paus negros que saen cara arriba, son talos de follas que representan a pata de oca que tamén está relacionada co Camiño. A man que quere dicir "parar e mira isto. O que hai aquí é algo bo". Despois volvemos á ferreña que ten unha luz coma se fose un sol nacente e ten unha lúa crecente no hemisferio sur.

lunes, 3 de marzo de 2008

MELODÍAS PARTIDOS POLÍTICOS

MELODÍA PP:
El PP ha editado una nueva canción que acompañara a su clásica melodía en los mítines de la recta final de la campaña. Bajo el título de "Revolución Popular" el PP hace un llamamiento a la revuelta popular para captar al electorado más joven. Fuentes de Génova indican que su estilo "pop-rock" trata de captar a los más jovenes.Las fuentes han asegurado que la "revolución" de la que habla la canción,se trata de una revolución liberal,de un llamamiento para que todos aquellos que defiendan los valores del PP se animen a votar para lograr el cambio.

MELODÍA DEL PSOE:
La nueva sintonía del PSOE está inspirada en uno de los fragmentos que el músico griego Vangelis compuso para la película "Carros de fuego",es la música de campaña del partido de los primeros años de transición.

MELODÍA IZQUIERDA UNIDA:
Izquierda Unida elige su sintonía electoral a traves de un concurso por My Space.Despues de recibir más de medio centenar de canciones,la sintonía elegida ha sido la que lleva por título "Fiesta" y su compositor es Romero Yamel.Existen diferentes versiones,si bien la básica es la denominada "orquesta".