lunes, 28 de enero de 2008



O Carnaval en Galicia recibe o nome de Entroido que deriva do latín "introitus", entrada,comezo do ano ou primavera .Acostúmase chamar tamén entroidos as mascaras, especialmente as mal vestidas. As comparsas chamanse entroidadas.
A orixe desta festa non ten sido determinada dun xeito preciso . Ten semellanza con certas festas paganas da antigüedade mais recibe unha influencia cristia,(son os días previos a entrada na coresma (periodo de tempo dedicado ao xexún e á penitencia ).

As características do Entroido son as seguintes:

- Caracter ritual: É unha festa chea de ritos con moitas cerimonias. É un rito vestirse de mascara, comer a cachucha e o rabo do porco, as filloas, orellas de frade e outras larpeiradas ; son un rito o botar farelos uns aos outros , as bromas... O rito principal consiste en representar o Entroido nun boneco de palla vestido, pasealo algúns días e logo sacrificalo e soterralo ( nalgúns lugares a este ritual modernamente se lle chama o enterro da sardiña ).

- Os días de Entroido son días en que está permitido o que non está no resto do ano, pódense facer cousas que noutro tempo parecerían moi mal (bromas pesadas, roubar os potes das casa , as mascaras descobren defecto e feitos da vida das persoas...)

- As mascaras teñen os seus dereitos . Hai nos veciños a obriga de recibilas nas casas, de agasallalas con regalos, comida ou cartos.

- O Entroido presenta en certo aspecto "o mundo ao revés". Nas aldeas maniféstase esta inversión das cousas.por exemplo, na tendencia a vestírense os homes de mulleres e viceversa. Hai un dito que dí " No Entroido o feo é bonito".

- O Entroido parodia a vida dun xeito caricaturesco . Os oficios,cargos públicos,corporacións municipais,a xustiza, as cerimonias da igrexa... son ridiculizados durante estes días. A mesma vida dos veciños nas distintas localidades é materia de crítica social; no denominado " Sermón do Entroido", en cantos e coplas, dáse a manifestación das parvadas, ridiculeces de tales ou cales persoas.
.
Días sinalados:
Os tres días clasicos do carnaval son o domingo, luns e martes, en moitos lugares chámanlle "O Santo Entroido ", e normalmente non se traballa. Pode haber unha certa licencia o luns pero de ningún xeito o domingo e o martes. A quen pillen traballando póñenlle diversas penitencias, a máis común unha multa consistente en pagar o viño aos que os descubriron . As festas deses días consisten en baile e música con gaita e pandeiro. O domingo,polo regular, os mozos e mozas andan polas casa recollendo cartos para os músicos e cousas de comer para facer unha merenda. A saída da Misa xa empeza a troula e as máscaras.
Estas máscaras atópanse neses tres días en todas as cidades , vilas e aldeas de Galicia. Reciben distintos nomes segundo a zona : mascaritas, entroidos, felos, mecos, piliqueiros... Os disfraces son moi variados, non obstante hai certos tipos tradicionais que acostuman levar un nome especial. O disfraz farrapento, feito con roupa vella (choqueiro, borralleiro) está en todos os lugares de Galicia. Outros son característicos dalgunha zona ( cigarróns en Ourense,charrúas en Allariz,cabicheiros ou merdeiros en Vigo...). As máscaras andan moitas veces xuntas formando comparsas,sobre todo cando van visitar pobos forasteiros. Acompáñanse de música (guitarras, bandurrias , frautas e pandeiretas ) e tocan e cantan pezas compostas especialmente para o caso. Nalgunhas ocasións poden, mesmo, representar farsas etc.
LAZA



OS PELIQUEIROS

En Laza los carnavales son de lo más ancestrales y de los que realmente siguen la tradición. El peliqueiro es el personaje central. Existen otros personajes secundarios, como la morena y el maragato. Conviene decir que el Peliqueiro es la máscara del Entroido o carnaval de Laza, no es un disfraz, es una máscara.







DE LIMIA

PANTALLAS


El traje típico son las pantallas cuyo atuendo se considera incompleto sin la vejigas, que se reponen cada vez que se rompen. Las Pantallas visten camisa y calzón blancos, capa roja o negra, pañoleta (casi siempre roja), polainas negras y zapatos negros. Una faja también roja se lleva en la cintura, junto con las campanillas, así la cadera sufre menos el roce de las campanillas.











VILARIÑO DE CONSO


BOTEIROS


Boteiro . A Persoaxe máis popular do entroido tanto de Vilariño de Conso como de Viana.
( O Boteiro é sin dúbida o máis popular. A máscara que leva, está feita de madeira de bidueiro, pintada de negro e o bico vermello. Leva unha camisa bordada con infinidade de anacos de fitas de cores formando distintas figuras xeométricas (dá traballo a dúas mulleres durante 25 días o facer a camisa). O pantalón, xeralmente encarnado, con flecos nos laterais. Sobre o cinto leva as esquilas, campaíñas do gando que o moverse producen un tintineo. Tamén leva un báculo, símbolo do poder, xeralmente con dibuxos helicoidales, e no remate ponse a cola da raposa. Hai xente que dí que o traxe de boteiro ten reminiscencias en terras Mexicanas de Oaxaca, Chiapas, lembrando ós da "Danza da pluma", inda que tamén penso que podera pasar o revés ).