domingo, 3 de febrero de 2008

OS ANIMAIS

Tras nove traballos no mercado LUAR NA LUBRE ,presenta "Camiños da miña terra".Nel o grupo galego embárcase noutra aventura musical apaixoante gravada na Coruña natal no 2007.Con este novo proxecto acércanos as claves dos movementos que conformaron a identidade galega e celta,catorce cancións que aportan unha enorme sensación de mar,terra e beleza.



Unha das cancions integrantes do novo disco,"Os Animais", trátase dunha melodía de orixe irlandés, que coas emigracións foi á América onde foi adaptada como propia baixo o titulo de "Johnny I Hardly Knew Ye" , incluso variándoa con diferentes letras.Esta cancion fíxose ampliamente coñecida por todo o mundo como banda sonora de westerns e filmes que tratan a América de finais do século XIX, producidos en Hollywood. A versión de Luar na Lubre é unha adaptación de Xabier Cordal dunha das letras tradicionais, que ten unha posible orixe bíblica.



Os animais de dous en dous
u-ah!, u-ah!
Os animais de dous en dous
u-ah!, u-ah!
Van subindo á Arca de dous en dous
O boi, a vaca e o caracol
E soben cando chove e cando fai calor

Os animais de tres en tres
u-ah!, u-ah!
Os animais de tres en tres
u-ah!, u-ah!
Van subindo á nave de tres en tres
A garza farta e o cempés
Din adeus coa súa patiña, andando do revés


Os animais de catro en catro
u-ah!, u-ah!
Os animais de catro en catro
u-ah!, u-ah!
Van de catro en catro os animais
E o saltón saltou de máis
Quere pillalo un home que filma documentais


Os animais de cinco en cinco
u-ah!, u-ah!
Os animais de cinco en cinco
u-ah!, u-ah!
E se van marchando en procesión
O lince, a ovella e o leirón
Ao afundirse a Terra, acaba esta canción
Cando se afunda a Terra, acaba esta canción